mércores, 4 de decembro de 2013

Outra de Aristóteles



Para o alumnaje retrasado
Lea atentamente o seguinte e texto de ARISTÓTELES e a partir del responda ás cuestións que se formulan.
§ Teña en conta que se trata de cuestións relacionadas entre si. Procure integrar as respostas nunha composición redactada de maneira unitaria.
§ Na avaliación da proba teranse en conta non só os contidos do exposto (coñecemento da materia), senón tamén as calidades formais da exposición, tanto nos aspectos relativos ao uso dun vocabulario apropiado, coma no referente á corrección sintáctica, ortográfica e retórica.
TEXTO

A entidade dise, se non en moitos, fundamentalmente en catro sentidos: a entidade de cada cousa parece ser a esencia, o universal, o xénero e, en cuarto lugar, o suxeito.
O suxeito é aquilo do que todas as demais cousas son atributo, e ó mesmo tempo el non é atributo de ningunha outra. Por iso cómpre facer primeiro unhas precisións sobre el. Pois parece que entidade é ante todo o suxeito primeiro. E o suxeito é, nun sentido, a materia, noutro sentido a forma, e nun terceiro sentido o conxunto das dúas (chámolle materia, coma tal, ao bronce, forma á figura ideal e conxunto das dúas á estatua), de xeito que a forma, se é anterior á materia e ten o carácter do ser con máis intensidade, pola mesma razón será tamén anterior ao conxunto das dúas.
Así queda feita a definición da entidade: aquilo que non é atributo dun suxeito, e aquilo do que todo o demais é atributo.
ARISTÓTELES,Metafísica 1028b 33-1029a 9

CUESTIÓNS PRINCIPAIS ÁS QUE DEBE DAR RESPOSTA A COMPOSICIÓN
I) Marco histórico e conceptual : (avaliación:de 0 a 2,5 puntos)
- Situar o autor do texto no marco histórico-cultural e filosófico da súa época.
- Cuestión contextual: Crítica da doutrina platónica.
II ) Comprensión temática: (avaliación:de 0 a 6 puntos)
- Xerarquía de seres e modos de ser.
III) Cuestión transversal: (avaliación:de 0 a 1,5 puntos)
- Atendendo á problemática do texto e á cuestión temática, expoña –con claridade e rigor conceptual–, as relacións (de semellanza ou diferenza) con outros autores, correntes filosóficas ou épocas da “Historia da Filosofía”.

martes, 3 de decembro de 2013

O noso Aristóteles



Exercicio de composición antes do abismo

As mesmas condición do exercicio de composición anterior 

Lea atentamente o seguinte e texto de ARISTÓTELES e a partir del responda ás cuestións que se formulan.
§ Teña en conta que se trata de cuestións relacionadas entre si. Procure integrar as respostas nunha composición redactada de maneira unitaria.
§ Na avaliación da proba teranse en conta non só os contidos do exposto (coñecemento da materia), senón tamén as calidades formais da exposición, tanto nos aspectos relativos ao uso dun vocabulario apropiado, coma no referente á corrección sintáctica, ortográfica e retórica.
TEXTO
Xa que todo coñecemento e toda elección tenden a algún ben, retomemos o asunto e digamos cal é aquel ao que tende a política e cal é o ben supremo de todos os que se poden facer. Sobre o seu nome casi todo o mundo está de acordo, pois tanto o común da xente como os distinguidos dinlle felicidade e sosteñen que vivir ben e obrar ben é a mesma cousa ca ser feliz. Pero en cambio discuten sobre qué é a felicidade e non o explican da mesma maneira o común da xente e os sabios, pois uns consideran que é alguna das cousas visibles e manifestas, como pracer, riqueza e dignidades, e outros outra cousa e mesmo unha única persoa pode ter opinións diferentes. Cre que a felicidade é a saúde, se está enfermo, e a riqueza, se é pobre. Os que recoñecen a súa propia ignorancia, admiran aos que din algo grande e que está por riba deles. Pero algúns cren que ademais de toda esta abundancia de bens, hai outro que existe de seu e que é a causa de que todos aqueles sexan bens. Tal vez é inútil examinar polo miúdo todas as opinións e abonda con ter en conta as máis salientables e as que parecen ter algunha razón. Non esquezamos que os razoamentos que parten dos principios se diferencian dos que conducen a eles. Pois ben, mesmo Platón tiña dúbida e preguntábase se había que partir dos principios ou por contra encamiñarse hacia eles, como no estadio desde os xuíces ata a meta ou en sentido contrario. Hai que comezar polas cousas que son máis doadas de coñecer. Pero estas sono en dous sentidos: unhas, para nós, outras, en termos absolutos. Se cadra temos que empezar polas que nos son máis doadas de coñecer a nós. Por iso, o que pretende aprender satisfactoriamente sobre as cousas boas e xustas e, en definitiva, sobre a política, cómpre que estea ben guiado polos seus costumes. Pois o punto de partida é o qué, e de estar iso craro dabondo, xa no se precisará o porqué. Un home así xa ten ou podería acadar con facilidade os principios. Pero aquel que non conta con ningunha das dúas cousas, que escoite a Hesíodo:
      O mellor de todos é o home que comprende todo por si mesmo.
      É distinguido aquel que obedece a quen ben lle aconsella.
      Pero o que nin comprende por si mesmo, nin conserva no seu ánimo
      o que lle escoita a outro, ese é un home inútil.
ARISTÓTELES, Ética a Nicómaco libro I-1094a1–1094b11/1095a14–1095b13

CUESTIÓNS PRINCIPAIS ÁS QUE DEBE DAR RESPOSTA A COMPOSICIÓN
I) Marco histórico e conceptual : (avaliación:de 0 a 2,5 puntos)
- Situar o autor do texto no marco histórico-cultural e filosófico da súa época.
- Cuestión contextual: O tránsito cara á época helenística.
II ) Comprensión temática: (avaliación:de 0 a 6 puntos)
- A idea de polis e a condición de cidadán.
III) Cuestión transversal: (avaliación:de 0 a 1,5 puntos)
- Atendendo á problemática do texto e á cuestión temática, expoña –con claridade e rigor conceptual–, as relacións (de semellanza ou diferenza) con outros autores, correntes filosóficas ou épocas da “Historia da Filosofía”.

xoves, 10 de outubro de 2013

¿Platón protofascista?

O libro de texto que utilizamos de referencia nas clases de Historia da Filosofía fai unha valoración devastadora da teoría política platónica: clasista, cerrada, inmobilista, conservadora dos privilexios, utópica, totalitaria… Xa non se trata dun torpedo na liña de flotación desa teoría, é o bombardeo de Dresde, o afundimento da frota, Hiroshima.
Sen embargo… hai un “sen embargo”. ¿Deberiamos matizar esas afirmacións, á luz dos textos platónicos que coñecemos? ¿facer algunha distinción que esixa unha valoración máis temperada? Ou máis ben ¿debemos cualificar o adefesio político platónico como o que algún pensa, e que o libro non se atreve a dicir: que o de Platón é puro fascismo?
Para axudar a perfilar as ideas, ademais das críticas que temos lido, propoño a lectura de un artigo e dous ensaios que directa ou indirectamente entran na cuestión. O artigo é de Agustín García Calvo, Que no, que no ¡VIVA SÓCRATES! Nel aborda o tema da relación entre Sócrates e a democracia, e polo tanto  entre Sócrates e os sofistas. Un dos ensayos é de Mark Lilla, co suxerinte título de La seducción de Siracusa, sobre o papel dos intelectuais que se posicionaron a prol  dalgún Estado totalitario no século XX, e como contrapunto mostra a figura do noso filósfo. E por último, para entender o sentido político de liberdade, un coñecido ensaio que xa ten anos –unha chea deles-, pero que non perde de todo o seu valor: Discurso sobre la libertad de los antiguos comparada con la de los modernos, de Benjamin Constant.

Esta é a proposta de traballo:
  • Ensaio: Valoración da teoría política de Platón.
  • Extensión mínima: 1500 palabras.
  • Formato: dixital
  • Data límite de presentación: 8 de novembro

 Sáibase que a realización do traballo proporciona elementos para a valoración de todas as teorías políticas que imos estudar este curso: Aristóteles, Locke, Marx…  E que dá traballo.
O da ilustración é por non apretujar tanto a letra. Non ten nada que ver con Platón... aínda que... bueno...

martes, 8 de outubro de 2013

Divus Plato

Exercicio de composición para o alumnaje de Historia da Filosofía

Tempo dispoñible para a realización do exercicio:   90 mins.
Espazo máximo:                                                               4 folios (polas dúas caras)
Idioma:                                                                            opcional, galego ou español.

(...)
-Ben. Xa vimos, segundo parece,  tres calidades da cidade, e en canto á especie que resta para que a cidade alcance a excelencia ¿cal podería ser?. É evidente que a  xustiza.
(...)
Pois o que establecimos dende o principio que debía facerse en toda circunstancia, cando fundamos a cidade, segundo a miña opinión, é a xustiza ou unha especie desta. Pois establecimos, se recordas,  e moitas veces xa o repetimos, que cada un debía de ocuparse dunha soa cousa de entre as que concirnen á cidade, precisamente daquela na que estivese mellor  preparado por natureza.
- En efecto, dixémolo.
-E que a xustiza consiste en facer o que é propio dun, sen meterse nas cousas alleas, é algo que xa oímos a outros moitos e que nos dixemos repetidamente.
-En efecto, afirmámolo frecuentemente.
-Nese caso, amigo meu, a xustiza parece que consiste en facer cada un o seu. ¿sabes de onde o deduzo?
-Non, pero dimo ti.
-Ao meu parecer do que temos examinado, a moderación, a valentía e a sabedoría, o que resta por ver  na cidade, é o que da a todas aquelas calidades a capacidade de nacer e unha vez nacidas, permítelles conservarse, mentres pemaneza  nelas. E xa dixemos que se encontrabamos as tres, a xustiza sería a que restase.
-Por forza é así.
-Non obstante, se fose preciso discernir cal  destas calidades fará á nosa cidade mellor, resultaría difícil discriminar se consiste nunha coincidencia  de opinión entre os gobernantes e os gobernados, ou se é a conservación da opinión consonte á lei que hai entre os militares acerca do que debe ser temible ou non, ou a intelixencia  e a vixiancia entre os gobernantes; ou iso que fai mellor á cidade   consiste, tanto no neno coma na muller, no escravo coma no home ceibe, e no artesán, no gobernante e no gobernado, en que cada un se ocupe do seu, sen atender ao alleo.
-Dende logo, sería dificil. ¿Como non?
-Entón, segundo parece, en relación á excelencia  da cidade,  a capacidade de facer cada un o seu nela  pode rivalizar coa súa sabedoría, coa súa moderación e a súa valentía.(...)
-Pois un home xusto non diferirá en nada da cidade xusta en canto á idea da  xustiza mesma, senón que será semellante.
-Semellante, en efecto.
-Porén, unha cidade parece xusta cando os tres tipos de naturezas que existen  naquela fan cada un o seu; e pareceunos moderada, valente e sabia a causa dalgunhas outras afeccións e hábitos  deses mesmos tipos de naturezas.
-É verdade.
-Por conseguinte, querido amigo, estimaremos que quen teña eses mesmos tipos na súa alma, a causa das mesmas afeccións que aqueles, é ben merecedor de recibir os mesmos apelativos que a cidade.


PLATÓN; República libro IV, 427e—435c

CUESTIÓNS PRINCIPAIS ÁS QUE DEBE DAR RESPOSTA A COMPOSICIÓN
I) Marco histórico e conceptual: (avaliación: de 0 a 2,5 puntos)
     - Situar o autor do texto no marco histórico-cultural e filosófico da súa época (ata 1,25 puntos)
     - Cuestión contextual: Os sofistas e Sócrates (ata 1,25 puntos)

II) Comprensión: (avaliación de 0 a 6 puntos)
     - Ler atentamente o texto e a partir del responder á seguinte cuestión temática: A concepción política de Platón: Vinculación da alma á cidade.

III) Coñecemento específico: (avaliación: de o a 1,5 puntos)
     - Atendendo á problemática do texto e á cuestión temática expoñer -con claridade e rigor conceptual-, as relacións con outros autores, correntes filosóficas ou épocas do currículo.

sábado, 20 de xullo de 2013

OS MASAI, de Antía Vieiro



Parecía que non ía acabar nunca. Tamén parecía que estaba interesada pero non resolvía. Ata que chegou o día que presentou o borrador e doume unha sorpresa maiúscula, porque o traballo estaba moi, pero que moi ben. Ben estruturado, ben redactado, destacando o máis interesante. Quedaban unhas cousas sen afinar, unha parte un pouco menos elaborada, pero corrixiuna con dilixencia. E así quedou un traballo moi completo e moi bonito. Nora-boa.

En: http://antropoque.blogspot.com.es/2013/07/o-home-no-seu-mundo-os-masai.html

venres, 19 de xullo de 2013

OS INUIT, de Nadia Iglesias


Nadia vai sobre patíns, así que vai máis rápido. Foi a primeira que rematou o traballo. Fíxome suxestións para a maquetación e presentación moi boas, pero tiven que rexeitalas.

- Coido que se resentiría a homoxeneidade no formato dos traballos. Non todos os teus compañeiros saberían facer as cousas así.

Ben. Iso depende moito da afección que un teña á maquetación e do tempo que lle dedique. Pero, francamente, non lle din para diante porque o que non sabería facelas así de ben, son eu.
Moi bo traballo. Por certo, a Nadia débolle a idea de comentar as fontes e clasificalas segundo a temática. Estivo moi ben.

Ve-lo en: http://antropoque.blogspot.com.es/2013/07/o-home-no-seu-mundo-inuits.html

xoves, 18 de xullo de 2013

OS SAMI, de Eduardo Gutiérrez

O progreso do traballo de Edu foi exemplar. Paréceme que aproveitou as correccións dunha maneira estratéxica. Comezou cunha aproximación bastante chafulleira. Pero a corrección serviulle para aquilatar o obxectivo e o estilo que se pretendía para o traballo. Despois aumentou a precisión e a extensión da información, foi axustando as esixencias na exposición do tema e rematou cunha maquetación que me parece, nalgúns sentidos, modélica. Claro que quedan cousiñas. Pero o resultado é excelente.
En: http://antropoque.blogspot.com.es/2013/07/o-home-no-seu-mundo-os-sami.html

mércores, 17 de xullo de 2013

OS TUAREG, de Enrique Touceda

O que máis destacaría eu de Quique é a axilidade da súa escritura e a seguridade. É firme ao dicir as cousas, é claro. O tema que trata é moi atratativo -¿cal destes non?- pero é que ademais el manexa con destreza a información de que dispón. Hai algúns detalles de presentación que mellorou, pero aínda lle queda algún que tiña que ter tocado. Pero, non se pode negar, o resultado final é moi bo.
En: http://antropoque.blogspot.com.es/2013/07/o-home-no-seu-mundo-tuaregs.html

martes, 16 de xullo de 2013

OS YANOMAMI, de Beltrán Fernández

Sinto querencia polos músicos, coma Beltrán ou Javier, tamén polos cabalistas, coma Noelia ou Cristian. Pois logo: Teño en común con eles a afición. Pero Beltrán non está hoxe aquí por iso. Que tamén podía estar: seica ten un verán cheo de actuacións coa súa banda. Hoxe trátase de presentar o traballo que fixo sobre os yanomami, porque é excelente. Explica con precisión e de maneira moi axustada os costumes e o modo de vida destes remotos poboadores do Orinoco. Máis alá da súa exactitude científica e da súa frialdade observadora, asoma un talante apaixonado que se implica -comedidamente pero con decisión- coa supervivencia da cultura que estudia.
Miralo en: http://antropoque.blogspot.com.es/2013/07/o-home-no-seu-mundo-os-yanomani.html

luns, 15 de xullo de 2013

Para o meu escarmento

“[…]¡menudo espectáculo de irracionalidad y pesadilla es la historia de la filosofía! Pensemos, por ejemplo, en la reverencia con que se mira a Platón. Empezó durante su vida y ha durado, con algunos altibajos, casi 2.400 años. Poco después de su muerte en el año 347 a. C. corría por Atenas la historia de que Platón en realidad era divino […]. Algunos filósofos neoplatónicos lo adoraron como si fuera un dios.
[…] El gran resurgimiento renacentista del platonismo en Italia […] incluyó la recuperación del culto a Platón. […] Es posible que entre los platonistas de Cambridge del siglo XVII no existiera una verdadera adoración a Platón: nos lo hubieran dicho sus enemigos calvinistas y anglicanos. Sin embargo es cierto que mantuvieron viva la ardiente devoción por Platón [resurgida] durante el Renacimiento. Thomas Taylor, que murió en 1835, es el filósofo más moderno, por lo que sé, que creyó en la divinidad de Platón. Pero sería el colmo de la temeridad decir que fue el último, dado el aparente carácter indestructible de este culto”.

Modestamente, Sampedro a adoración non, pero a veneración mantena.
O texto é de David Stove, nun magnífico prólogo ao seu libro El culto a Platón y otras locuras filosóficas.

sábado, 13 de xullo de 2013

LA SEDUCCIÓN DE SIRACUSA, de Marc Lilla

“En política, los intelectuales no son serios”. Así se despachaba Marc Lilla nunha entrevista que lle farían, supoño eu, alá cando tiña recente a publicación do seu Pensadores temerarios. Los intelectuales en la política. Ese libro haberá que miralo. Se damos con el.
A Lilla preséntannolo como profesor na universidade de Columbia e, máis tarde na de Chicago, como catedrático de historia intelectual europea. É ensaísta, historiador das ideas e publicista no New Yorker e no New York Times. Son bos avales. 
O ensaio, co que cerra Pensadores temerarios é La seducción de Siracusa. O que me sorprendeu deste ensaio foi a reivindicación de Platón, como adaíl dos gobernos xustos e opoñente decidido das tiranías. De caixón.
Claro, cando estamos afeitos a ver que tantos -polo menos desde Poper- atribúen ao ateniense a paternidade de todos os totalitarismos, acabamos por crer o conto e adquirimos esa mercadoría. E ven Lilla, que pensa por libre, e bótanos abaixo o tinglado ou, cando menos, cuestiónase o asunto e pono a abanear. Gústame. Aparte de que achegue a ascua á miña sardiña platónica, para iso -para cuestionármonos as cousas- nos achegamos á Filosofía, ¿non si?

venres, 12 de xullo de 2013

Descubrir pufos e camelos

Falei con Suso Fidalgo antonte, por teléfono. Ele andaba por Ourense. O asunto era unha cousa que me interesaba do inglés, da lingua inglesa, vaia. Foi atento e expeditivo, como sempre.
Nada máis despacharmos o tema que me ocupaba pasou ao cine, co que imos andar ás voltas o curso que ven.
- Teño unha presentación sobre os erros e falsidades que se atopan no cine referentes a informacións ou suposicións científicas. ¿Que che parece?
Pois que me ía parecer: Interesantísimo. Hai demasiado pufo e camelo científico agochados detrás de calquera discurso. E nada mellor que un científico e o sentido común para que nos axuden a desenmascaralos.

mércores, 10 de xullo de 2013

Debate poético


Nun breve texto Berri introduce e comenta o epigrama e o estrambote e, dunha maneira -aínda que leve- moi significativa, alude tamén ao feito do debate e o entorno no que se produce. Hai xente que afina moito. Xa llo dixen a ele: eu firmaríao do cabo ao rabo.

En un IES puede pasar cualquier cosa, aunque muchas veces es imposible darse cuenta de lo que ocurre porque todo queda difuminado por la formidable contaminación acústica que provocan los centenares de adolescentes, más o menos desaforados, que recorren sus pasillos.
Es así que incluso hay lugar para un duelo poético, que esconde visiones diferentes de la vida y sus trabajos. Estos poemas tratan de las dos formas fundamentales de encarar la vida, de Platón y Protágoras, de la alergia y la pasión por la metafísica. Uno pretende inspirarse en Borges, el otro se acoge a la estela de la gran poesía española del Siglo de Oro; aparentemente representan ideas radicalmente opuestas pero, si se leen con cuidado, podemos apreciar que en los versos finales del primer poema surge una cierta desilusión y , por otro lado, el segundo está impregnado de un tono melancólico, que más bien expresa un deseo y no tanto una certeza. En fin, elementos suficientes para que sus autores se tomen un café de vez en cuando y nos sorprendan de nuevo con sus raras aficiones literarias.

José A. Berriochoa

martes, 9 de xullo de 2013

OS MAORÍES, de Juan Zaldive


Tarde piamos. Non o digo polo twiter, senón porque xa estamos metidos no verán e empezamos a publicar agora os traballos do curso sobre O home no seu mundo. Pero váisenos escoitar. Ven de publicarse o primeiro deles. É o de Juan Zaldive, sobre os maoríes. Hai que agradecer á profesora Garea que lle dea acollida no seu blog, pero veredes que está ben xustificada a súa publicación. Ten todas as características dun magnífico traballo escolar: boa presentación, correctísima expresión, excelente composición… Unha boa mostra dos traballos que se fixeron este ano.
Coido que Juan anda por Inglaterra, ou así, pero seguro que nos ve. Un saúdo, Juan.

Podedes mirar o traballo sobre os maorís en http://antropoque.blogspot.com.es/2013/07/o-home-no-seu-mundo.html

luns, 8 de xullo de 2013

Eva Garea e as tecnoloxías

En realidade o blog ven por Eva Garea. Garea apantállame, nunca mellor dito. Porque eu na aula teño a pantalla sempre recollida; ela, sempre estendida. Entre blogs, páxinas web, aulas virtuais e speed-masters, apárvame. O traballo fáiseme un senvivir, e cada vez que recollo a pantalla ao comenzar unha clase das miñas tras unha das dela, sufro un baixón de bilirrubina do que non me recupero na hora: consonte a pantalla sube da miña man, a miña autoestima baixa da súa.
- Isto non pode ser -díxenme-. Téño que chegar ao retiro con dignidade.
E abrín o blog, este, o de Sampedro.
Con todo, nunha cousa gáñolle. Son máis irresoluto ca ela.

domingo, 7 de xullo de 2013

Historia do estrambote


A cousa é sinxela. Andabamos ás voltas co corpo, que era o tema do Ciclo este que nos entretén pola semana. Comenteille a varios que eu quería tratar o tema do corpo… e a alma. E Berri reaccionou coma un resorte
- ¿Estás tolo? –Espetoume.
E por días andou a porfía –coma o cóengo con D. Quijano- para que abandonase as miñas veleidades académicas.
Á exposición que fixen non puido vir, pero conteilla. Máis adiante el interveu coas súas Divagacións dun escéptico. E avisoume:
- Voume meter con Platón.
É boe…, prepareime –malpocado- para defender ao mestre. Fíxenlle un engadido aos seus versos. E, de sorpresa, tras ler publicamente o seu epigrama, arrieille o meu estrambote.

“Estrambote: Conjunto de versos que por gracejo o bizarría suele añadirse al fin de una combinación métrica […]” –di no DRAE-.  O estrambote do que falamos –que estrambote non é- gracejo non ten, pero algo de bizarría non lle falta. Coido eu.

sábado, 6 de xullo de 2013

A historia do epigrama

Foi no curso pasado. Non neste próximo, non. No anterior. Supoño que serían os alumnos de Filosofía que Berri tiña en clase de Matemáticas. Supoño que lle falarían da miña devoción por Patón. E entón, díxome que tiña un pequeno epigrama. Que llo adicara hai anos a un colega de Arzúa, ao parecer entusiasta tamén da Academia. E fíxomo chegar.
Sorprendeume, claro. E díxenllo.
- ..aínda que hai matemáticos -aclareille- que teñen claras tendencias filosóficas, mesmo metafísicas.
- Non é o meu caso -contestoume coa afabilidade que o caracteriza-. Sinto desencantarche, pero é que eu son de Protágoras, como verías no epigrama.

venres, 5 de xullo de 2013

O estrambote de Sampedro

Claridades

No, en fin,
que es el hombre troglodita engallado
nauta de las danzantes sombras
en que su entendimiento naufraga.

Ay si, al fin,
de las cadenas liberado
alcanzase el resplandor cierto
que adentro lo tornase
para construir
-esta vez sí-
una polis
no a su capricho medida
sino a su medida ajustada.

Anxo Sampedro, 2013

xoves, 4 de xullo de 2013

O epigrama de Berri

Falacias

No, el hombre no es ese ominoso
troglodita que contempla asustado
vagos resplandores, ni animal de carga vigilado
por guardianes y filósofos.
Muy otro es nuestro sino:
Ser la inevitable medida de las cosas y
frente a la naturaleza
edificar conscientemente la polis,
dispuestos a defenderla con la espada
y legislando en la asamblea,
orgullosos en la vida azarosa,
que de la cuna al Hades nos lleva.

José A. Berriochoa, 1999

domingo, 30 de xuño de 2013

Imos tirando

En certa ocasión, coido que pola festa do patrón, encontrábame eu na igrexa de San Paio de Carreira. Hai ben de anos. Despois da misa, cando xa poucos quedabamos na nave, viña o sancristán polo corredor central. Era un home vello, encartado, enxoito, malencarado, que berraba con poucas palabras e malas miradas aos nenos. Arrastraba aínda algúns restos da dignidade do seu status clerical. Unha señora que andaba por alí, díxolle, a modo de saúdo:
-Que, señor Juan, imos tirando?
Ao que contestou o vello, comido pola idade e o humor agre:
-Si, costa abaixo.

Boe..., eu tiro costa arriba. Velaquí está o blog.