mércores, 4 de decembro de 2013

Outra de Aristóteles



Para o alumnaje retrasado
Lea atentamente o seguinte e texto de ARISTÓTELES e a partir del responda ás cuestións que se formulan.
§ Teña en conta que se trata de cuestións relacionadas entre si. Procure integrar as respostas nunha composición redactada de maneira unitaria.
§ Na avaliación da proba teranse en conta non só os contidos do exposto (coñecemento da materia), senón tamén as calidades formais da exposición, tanto nos aspectos relativos ao uso dun vocabulario apropiado, coma no referente á corrección sintáctica, ortográfica e retórica.
TEXTO

A entidade dise, se non en moitos, fundamentalmente en catro sentidos: a entidade de cada cousa parece ser a esencia, o universal, o xénero e, en cuarto lugar, o suxeito.
O suxeito é aquilo do que todas as demais cousas son atributo, e ó mesmo tempo el non é atributo de ningunha outra. Por iso cómpre facer primeiro unhas precisións sobre el. Pois parece que entidade é ante todo o suxeito primeiro. E o suxeito é, nun sentido, a materia, noutro sentido a forma, e nun terceiro sentido o conxunto das dúas (chámolle materia, coma tal, ao bronce, forma á figura ideal e conxunto das dúas á estatua), de xeito que a forma, se é anterior á materia e ten o carácter do ser con máis intensidade, pola mesma razón será tamén anterior ao conxunto das dúas.
Así queda feita a definición da entidade: aquilo que non é atributo dun suxeito, e aquilo do que todo o demais é atributo.
ARISTÓTELES,Metafísica 1028b 33-1029a 9

CUESTIÓNS PRINCIPAIS ÁS QUE DEBE DAR RESPOSTA A COMPOSICIÓN
I) Marco histórico e conceptual : (avaliación:de 0 a 2,5 puntos)
- Situar o autor do texto no marco histórico-cultural e filosófico da súa época.
- Cuestión contextual: Crítica da doutrina platónica.
II ) Comprensión temática: (avaliación:de 0 a 6 puntos)
- Xerarquía de seres e modos de ser.
III) Cuestión transversal: (avaliación:de 0 a 1,5 puntos)
- Atendendo á problemática do texto e á cuestión temática, expoña –con claridade e rigor conceptual–, as relacións (de semellanza ou diferenza) con outros autores, correntes filosóficas ou épocas da “Historia da Filosofía”.

Ningún comentario:

Publicar un comentario