Foi no curso pasado. Non neste próximo, non. No anterior. Supoño que serían os alumnos de Filosofía que Berri tiña en clase de Matemáticas. Supoño que lle falarían da miña devoción por Patón. E entón, díxome que tiña un pequeno epigrama. Que llo adicara hai anos a un colega de Arzúa, ao parecer entusiasta tamén da Academia. E fíxomo chegar.
Sorprendeume, claro. E díxenllo.
- ..aínda que hai matemáticos -aclareille- que teñen claras tendencias filosóficas, mesmo metafísicas.
- Non é o meu caso -contestoume coa afabilidade que o caracteriza-. Sinto desencantarche, pero é que eu son de Protágoras, como verías no epigrama.
Ningún comentario:
Publicar un comentario