sábado, 13 de xullo de 2013

LA SEDUCCIÓN DE SIRACUSA, de Marc Lilla

“En política, los intelectuales no son serios”. Así se despachaba Marc Lilla nunha entrevista que lle farían, supoño eu, alá cando tiña recente a publicación do seu Pensadores temerarios. Los intelectuales en la política. Ese libro haberá que miralo. Se damos con el.
A Lilla preséntannolo como profesor na universidade de Columbia e, máis tarde na de Chicago, como catedrático de historia intelectual europea. É ensaísta, historiador das ideas e publicista no New Yorker e no New York Times. Son bos avales. 
O ensaio, co que cerra Pensadores temerarios é La seducción de Siracusa. O que me sorprendeu deste ensaio foi a reivindicación de Platón, como adaíl dos gobernos xustos e opoñente decidido das tiranías. De caixón.
Claro, cando estamos afeitos a ver que tantos -polo menos desde Poper- atribúen ao ateniense a paternidade de todos os totalitarismos, acabamos por crer o conto e adquirimos esa mercadoría. E ven Lilla, que pensa por libre, e bótanos abaixo o tinglado ou, cando menos, cuestiónase o asunto e pono a abanear. Gústame. Aparte de que achegue a ascua á miña sardiña platónica, para iso -para cuestionármonos as cousas- nos achegamos á Filosofía, ¿non si?

Ningún comentario:

Publicar un comentario