Tempo dispoñible para a realización do exercicio: 90 mins.
Espazo máximo: 4 folios (polas dúas caras)
Idioma: opcional, galego ou español.
(...)
-Ben. Xa vimos, segundo parece, tres calidades da cidade, e en canto á
especie que resta para que a cidade alcance a excelencia ¿cal podería ser?. É
evidente que a xustiza.
(...)
Pois o que establecimos dende o principio que debía facerse
en toda circunstancia, cando fundamos a cidade, segundo a miña opinión, é a
xustiza ou unha especie desta. Pois establecimos, se recordas, e moitas veces xa o repetimos, que cada un
debía de ocuparse dunha soa cousa de entre as que concirnen á cidade,
precisamente daquela na que estivese mellor
preparado por natureza.
- En efecto, dixémolo.
-E que a xustiza consiste en facer o que é propio dun, sen
meterse nas cousas alleas, é algo que xa oímos a outros moitos e que nos
dixemos repetidamente.
-En efecto, afirmámolo frecuentemente.
-Nese caso, amigo meu, a xustiza parece que consiste en
facer cada un o seu. ¿sabes de onde o deduzo?
-Non, pero dimo ti.
-Ao meu parecer do que temos examinado, a moderación, a
valentía e a sabedoría, o que resta por ver
na cidade, é o que da a todas aquelas calidades a capacidade de nacer e
unha vez nacidas, permítelles conservarse, mentres pemaneza nelas. E xa dixemos que se encontrabamos as
tres, a xustiza sería a que restase.
-Por forza é así.
-Non obstante, se fose preciso discernir cal destas calidades fará á nosa cidade mellor,
resultaría difícil discriminar se consiste nunha coincidencia de opinión entre os gobernantes e os
gobernados, ou se é a conservación da opinión consonte á lei que hai entre os
militares acerca do que debe ser temible ou non, ou a intelixencia e a vixiancia entre os gobernantes; ou iso
que fai mellor á cidade consiste, tanto
no neno coma na muller, no escravo coma no home ceibe, e no artesán, no
gobernante e no gobernado, en que cada un se ocupe do seu, sen atender ao
alleo.
-Dende logo, sería dificil. ¿Como non?
-Entón, segundo parece, en relación á excelencia da cidade,
a capacidade de facer cada un o seu nela
pode rivalizar coa súa sabedoría, coa súa moderación e a súa
valentía.(...)
-Pois un home xusto non diferirá en nada da cidade xusta en
canto á idea da xustiza mesma, senón que
será semellante.
-Semellante, en efecto.
-Porén, unha cidade parece xusta cando os tres tipos de
naturezas que existen naquela fan cada
un o seu; e pareceunos moderada, valente e sabia a causa dalgunhas outras
afeccións e hábitos deses mesmos tipos
de naturezas.
-É verdade.
-Por conseguinte, querido amigo, estimaremos que quen teña
eses mesmos tipos na súa alma, a causa das mesmas afeccións que aqueles, é ben
merecedor de recibir os mesmos apelativos que a cidade.
PLATÓN; República libro IV, 427e—435c
CUESTIÓNS PRINCIPAIS ÁS QUE DEBE DAR RESPOSTA A COMPOSICIÓN
I) Marco histórico e conceptual: (avaliación: de 0 a 2,5 puntos)
- Situar o autor do texto no marco histórico-cultural e filosófico da súa época (ata 1,25 puntos)
- Cuestión contextual: Os sofistas e Sócrates (ata 1,25 puntos)
II) Comprensión: (avaliación de 0 a 6 puntos)
- Ler atentamente o texto e a partir del responder á seguinte cuestión temática: A concepción política de Platón: Vinculación da alma á cidade.
III) Coñecemento específico: (avaliación: de o a 1,5 puntos)
- Atendendo á problemática do texto e á cuestión temática expoñer -con claridade e rigor conceptual-, as relacións con outros autores, correntes filosóficas ou épocas do currículo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario