Exercicio de composición antes do abismo
As mesmas condición do exercicio de composición anterior
Lea atentamente o seguinte e texto de ARISTÓTELES e a partir del responda ás cuestións que se formulan.
As mesmas condición do exercicio de composición anterior
Lea atentamente o seguinte e texto de ARISTÓTELES e a partir del responda ás cuestións que se formulan.
§
Teña en conta que se trata de cuestións relacionadas entre si. Procure integrar
as respostas nunha composición redactada de maneira unitaria.
§
Na avaliación da proba teranse en conta non só os contidos do exposto
(coñecemento da materia), senón tamén as calidades formais da exposición, tanto
nos aspectos relativos ao uso dun vocabulario apropiado, coma no referente á
corrección sintáctica, ortográfica e retórica.
TEXTO
Xa que todo coñecemento e toda elección tenden a algún
ben, retomemos o asunto e digamos cal é aquel ao que tende a política e cal é o
ben supremo de todos os que se poden facer. Sobre o seu nome casi todo o mundo
está de acordo, pois tanto o común da xente como os distinguidos dinlle
felicidade e sosteñen que vivir ben e obrar ben é a mesma cousa ca ser feliz.
Pero en cambio discuten sobre qué é a felicidade e non o explican da mesma
maneira o común da xente e os sabios, pois uns consideran que é alguna das
cousas visibles e manifestas, como pracer, riqueza e dignidades, e outros outra
cousa e mesmo unha única persoa pode ter opinións diferentes. Cre que a
felicidade é a saúde, se está enfermo, e a riqueza, se é pobre. Os que
recoñecen a súa propia ignorancia, admiran aos que din algo grande e que está
por riba deles. Pero algúns cren que ademais de toda esta abundancia de bens,
hai outro que existe de seu e que é a causa de que todos aqueles sexan bens.
Tal vez é inútil examinar polo miúdo todas as opinións e abonda con ter en
conta as máis salientables e as que parecen ter algunha razón. Non esquezamos
que os razoamentos que parten dos principios se diferencian dos que conducen a
eles. Pois ben, mesmo Platón tiña dúbida e preguntábase se había que partir dos
principios ou por contra encamiñarse hacia eles, como no estadio desde os
xuíces ata a meta ou en sentido contrario. Hai que comezar polas cousas que son
máis doadas de coñecer. Pero estas sono en dous sentidos: unhas, para nós,
outras, en termos absolutos. Se cadra temos que empezar polas que nos son máis
doadas de coñecer a nós. Por iso, o que pretende aprender satisfactoriamente
sobre as cousas boas e xustas e, en definitiva, sobre a política, cómpre que
estea ben guiado polos seus costumes. Pois o punto de partida é o qué, e de
estar iso craro dabondo, xa no se precisará o porqué. Un home así xa ten ou
podería acadar con facilidade os principios. Pero aquel que non conta con
ningunha das dúas cousas, que escoite a Hesíodo:
O mellor de todos é o home que comprende todo por si mesmo.
É distinguido aquel que obedece a quen ben lle aconsella.
Pero o que nin comprende por si mesmo, nin conserva no seu ánimo
o que lle escoita a outro, ese é un home inútil.
O mellor de todos é o home que comprende todo por si mesmo.
É distinguido aquel que obedece a quen ben lle aconsella.
Pero o que nin comprende por si mesmo, nin conserva no seu ánimo
o que lle escoita a outro, ese é un home inútil.
ARISTÓTELES, Ética a
Nicómaco libro I-1094a1–1094b11/1095a14–1095b13
CUESTIÓNS PRINCIPAIS ÁS QUE DEBE DAR RESPOSTA A COMPOSICIÓN
I) Marco histórico e conceptual : (avaliación:de
0 a 2,5
puntos)
- Situar o autor do texto no marco histórico-cultural e filosófico da súa época.
- Cuestión contextual: O tránsito cara á época helenística.
II ) Comprensión temática: (avaliación:de 0 a 6 puntos)
- A idea de polis e a condición de cidadán.
III) Cuestión transversal: (avaliación:de 0 a 1,5 puntos)
- Atendendo á problemática do texto e á cuestión temática, expoña –con claridade
e rigor conceptual–, as relacións (de semellanza ou diferenza) con outros
autores, correntes filosóficas ou épocas da “Historia da Filosofía”.
Ningún comentario:
Publicar un comentario