En certa ocasión, coido que pola festa do patrón, encontrábame eu na igrexa de San Paio de Carreira. Hai ben de anos. Despois da misa, cando xa poucos quedabamos na nave, viña o sancristán polo corredor central. Era un home vello, encartado, enxoito, malencarado, que berraba con poucas palabras e malas miradas aos nenos. Arrastraba aínda algúns restos da dignidade do seu status clerical. Unha señora que andaba por alí, díxolle, a modo de saúdo:
-Que, señor Juan, imos tirando?
Ao que contestou o vello, comido pola idade e o humor agre:
-Si, costa abaixo.
Boe..., eu tiro costa arriba. Velaquí está o blog.
Ningún comentario:
Publicar un comentario