xoves, 10 de outubro de 2013

¿Platón protofascista?

O libro de texto que utilizamos de referencia nas clases de Historia da Filosofía fai unha valoración devastadora da teoría política platónica: clasista, cerrada, inmobilista, conservadora dos privilexios, utópica, totalitaria… Xa non se trata dun torpedo na liña de flotación desa teoría, é o bombardeo de Dresde, o afundimento da frota, Hiroshima.
Sen embargo… hai un “sen embargo”. ¿Deberiamos matizar esas afirmacións, á luz dos textos platónicos que coñecemos? ¿facer algunha distinción que esixa unha valoración máis temperada? Ou máis ben ¿debemos cualificar o adefesio político platónico como o que algún pensa, e que o libro non se atreve a dicir: que o de Platón é puro fascismo?
Para axudar a perfilar as ideas, ademais das críticas que temos lido, propoño a lectura de un artigo e dous ensaios que directa ou indirectamente entran na cuestión. O artigo é de Agustín García Calvo, Que no, que no ¡VIVA SÓCRATES! Nel aborda o tema da relación entre Sócrates e a democracia, e polo tanto  entre Sócrates e os sofistas. Un dos ensayos é de Mark Lilla, co suxerinte título de La seducción de Siracusa, sobre o papel dos intelectuais que se posicionaron a prol  dalgún Estado totalitario no século XX, e como contrapunto mostra a figura do noso filósfo. E por último, para entender o sentido político de liberdade, un coñecido ensaio que xa ten anos –unha chea deles-, pero que non perde de todo o seu valor: Discurso sobre la libertad de los antiguos comparada con la de los modernos, de Benjamin Constant.

Esta é a proposta de traballo:
  • Ensaio: Valoración da teoría política de Platón.
  • Extensión mínima: 1500 palabras.
  • Formato: dixital
  • Data límite de presentación: 8 de novembro

 Sáibase que a realización do traballo proporciona elementos para a valoración de todas as teorías políticas que imos estudar este curso: Aristóteles, Locke, Marx…  E que dá traballo.
O da ilustración é por non apretujar tanto a letra. Non ten nada que ver con Platón... aínda que... bueno...

Ningún comentario:

Publicar un comentario