sábado, 20 de xullo de 2013
OS MASAI, de Antía Vieiro
Parecía que non ía acabar nunca. Tamén parecía que estaba interesada pero non resolvía. Ata que chegou o día que presentou o borrador e doume unha sorpresa maiúscula, porque o traballo estaba moi, pero que moi ben. Ben estruturado, ben redactado, destacando o máis interesante. Quedaban unhas cousas sen afinar, unha parte un pouco menos elaborada, pero corrixiuna con dilixencia. E así quedou un traballo moi completo e moi bonito. Nora-boa.
En: http://antropoque.blogspot.com.es/2013/07/o-home-no-seu-mundo-os-masai.html
venres, 19 de xullo de 2013
OS INUIT, de Nadia Iglesias
Nadia vai sobre patíns, así que vai máis rápido. Foi a primeira que rematou o traballo. Fíxome suxestións para a maquetación e presentación moi boas, pero tiven que rexeitalas.
- Coido que se resentiría a homoxeneidade no formato dos traballos. Non todos os teus compañeiros saberían facer as cousas así.
Ben. Iso depende moito da afección que un teña á maquetación e do tempo que lle dedique. Pero, francamente, non lle din para diante porque o que non sabería facelas así de ben, son eu.
Moi bo traballo. Por certo, a Nadia débolle a idea de comentar as fontes e clasificalas segundo a temática. Estivo moi ben.
Ve-lo en: http://antropoque.blogspot.com.es/2013/07/o-home-no-seu-mundo-inuits.html
xoves, 18 de xullo de 2013
OS SAMI, de Eduardo Gutiérrez
O progreso do traballo de Edu foi exemplar. Paréceme que aproveitou as correccións dunha maneira estratéxica. Comezou cunha aproximación bastante chafulleira. Pero a corrección serviulle para aquilatar o obxectivo e o estilo que se pretendía para o traballo. Despois aumentou a precisión e a extensión da información, foi axustando as esixencias na exposición do tema e rematou cunha maquetación que me parece, nalgúns sentidos, modélica. Claro que quedan cousiñas. Pero o resultado é excelente.
En: http://antropoque.blogspot.com.es/2013/07/o-home-no-seu-mundo-os-sami.html
En: http://antropoque.blogspot.com.es/2013/07/o-home-no-seu-mundo-os-sami.html
mércores, 17 de xullo de 2013
OS TUAREG, de Enrique Touceda
O que máis destacaría eu de Quique é a axilidade da súa escritura e a seguridade. É firme ao dicir as cousas, é claro. O tema que trata é moi atratativo -¿cal destes non?- pero é que ademais el manexa con destreza a información de que dispón. Hai algúns detalles de presentación que mellorou, pero aínda lle queda algún que tiña que ter tocado. Pero, non se pode negar, o resultado final é moi bo.
En: http://antropoque.blogspot.com.es/2013/07/o-home-no-seu-mundo-tuaregs.html
En: http://antropoque.blogspot.com.es/2013/07/o-home-no-seu-mundo-tuaregs.html
martes, 16 de xullo de 2013
OS YANOMAMI, de Beltrán Fernández
Sinto querencia polos músicos, coma Beltrán ou Javier, tamén polos cabalistas, coma Noelia ou Cristian. Pois logo: Teño en común con eles a afición. Pero Beltrán non está hoxe aquí por iso. Que tamén podía estar: seica ten un verán cheo de actuacións coa súa banda. Hoxe trátase de presentar o traballo que fixo sobre os yanomami, porque é excelente. Explica con precisión e de maneira moi axustada os costumes e o modo de vida destes remotos poboadores do Orinoco. Máis alá da súa exactitude científica e da súa frialdade observadora, asoma un talante apaixonado que se implica -comedidamente pero con decisión- coa supervivencia da cultura que estudia.
Miralo en: http://antropoque.blogspot.com.es/2013/07/o-home-no-seu-mundo-os-yanomani.html
Miralo en: http://antropoque.blogspot.com.es/2013/07/o-home-no-seu-mundo-os-yanomani.html
luns, 15 de xullo de 2013
Para o meu escarmento
“[…]¡menudo espectáculo de irracionalidad y pesadilla es la
historia de la filosofía! Pensemos, por ejemplo, en la reverencia con que se
mira a Platón. Empezó durante su vida y ha durado, con algunos altibajos, casi
2.400 años. Poco después de su muerte en el año 347 a . C. corría por Atenas
la historia de que Platón en realidad era divino […]. Algunos filósofos
neoplatónicos lo adoraron como si fuera un dios.
[…] El gran resurgimiento renacentista del platonismo en
Italia […] incluyó la recuperación del culto a Platón. […] Es posible que entre
los platonistas de Cambridge del siglo XVII no existiera una verdadera
adoración a Platón: nos lo hubieran dicho sus enemigos calvinistas y
anglicanos. Sin embargo es cierto que mantuvieron viva la ardiente devoción por
Platón [resurgida] durante el Renacimiento. Thomas Taylor, que murió en 1835, es
el filósofo más moderno, por lo que sé, que creyó en la divinidad de Platón. Pero
sería el colmo de la temeridad decir que fue el último, dado el aparente carácter
indestructible de este culto”.
Modestamente, Sampedro a adoración non, pero a veneración
mantena.
O texto é de David Stove, nun magnífico prólogo ao seu libro
El culto a Platón y otras locuras
filosóficas.
sábado, 13 de xullo de 2013
LA SEDUCCIÓN DE SIRACUSA, de Marc Lilla
“En política, los intelectuales no son serios”. Así se
despachaba Marc Lilla nunha entrevista que lle farían, supoño eu, alá cando
tiña recente a publicación do seu Pensadores temerarios. Los intelectuales en la política. Ese libro haberá que
miralo. Se damos con el.
A Lilla preséntannolo como profesor na
universidade de Columbia e, máis tarde na de Chicago, como catedrático de historia intelectual europea. É ensaísta, historiador das ideas e publicista no New Yorker e no New York Times. Son
bos avales.
O ensaio, co que cerra Pensadores temerarios é
La seducción de Siracusa. O que me sorprendeu deste ensaio foi a reivindicación de Platón,
como adaíl dos gobernos xustos e opoñente decidido das tiranías. De caixón.
Claro, cando estamos afeitos a ver que tantos -polo menos desde Poper- atribúen ao ateniense a paternidade de todos os totalitarismos, acabamos por crer o conto e adquirimos esa
mercadoría. E ven Lilla, que pensa por libre, e bótanos abaixo o tinglado ou,
cando menos, cuestiónase o asunto e pono a abanear. Gústame. Aparte de que achegue a ascua á miña sardiña platónica, para iso -para cuestionármonos as cousas- nos achegamos á Filosofía, ¿non si?
Para lelo: http://www.letraslibres.com/sites/default/files/pdfs_articulospdf_art_9420_7331.pdf
Habemos volver co tema.
Habemos volver co tema.
venres, 12 de xullo de 2013
Descubrir pufos e camelos
Falei con Suso Fidalgo antonte, por teléfono. Ele andaba por Ourense. O asunto era unha cousa que me interesaba do inglés, da lingua inglesa, vaia. Foi atento e expeditivo, como sempre.
Nada máis despacharmos o tema que me ocupaba pasou ao cine, co que imos andar ás voltas o curso que ven.
- Teño unha presentación sobre os erros e falsidades que se atopan no cine referentes a informacións ou suposicións científicas. ¿Que che parece?
Pois que me ía parecer: Interesantísimo. Hai demasiado pufo e camelo científico agochados detrás de calquera discurso. E nada mellor que un científico e o sentido común para que nos axuden a desenmascaralos.
Nada máis despacharmos o tema que me ocupaba pasou ao cine, co que imos andar ás voltas o curso que ven.
- Teño unha presentación sobre os erros e falsidades que se atopan no cine referentes a informacións ou suposicións científicas. ¿Que che parece?
Pois que me ía parecer: Interesantísimo. Hai demasiado pufo e camelo científico agochados detrás de calquera discurso. E nada mellor que un científico e o sentido común para que nos axuden a desenmascaralos.
mércores, 10 de xullo de 2013
Debate poético
Nun breve texto Berri introduce e comenta o epigrama e o estrambote e, dunha maneira -aínda que leve- moi significativa, alude tamén ao feito do debate e o entorno no que se produce. Hai xente que afina moito. Xa llo dixen a ele: eu firmaríao do cabo ao rabo.
En un IES puede pasar cualquier cosa, aunque muchas veces es imposible
darse cuenta de lo que ocurre porque todo queda difuminado por la formidable
contaminación acústica que provocan los centenares de adolescentes, más o menos
desaforados, que recorren sus pasillos.
Es así que incluso hay lugar para un duelo poético, que esconde
visiones diferentes de la vida y sus trabajos. Estos poemas tratan de las dos
formas fundamentales de encarar la vida, de Platón y Protágoras, de la alergia
y la pasión por la metafísica. Uno pretende inspirarse en Borges, el otro se
acoge a la estela de la gran poesía española del Siglo de Oro; aparentemente
representan ideas radicalmente opuestas pero, si se leen con cuidado, podemos
apreciar que en los versos finales del primer poema surge una cierta desilusión
y , por otro lado, el segundo está impregnado de un tono melancólico, que más
bien expresa un deseo y no tanto una certeza. En fin, elementos suficientes
para que sus autores se tomen un café de vez en cuando y nos sorprendan de
nuevo con sus raras aficiones literarias.
José A. Berriochoa
martes, 9 de xullo de 2013
OS MAORÍES, de Juan Zaldive
Tarde piamos. Non o digo polo twiter,
senón porque xa estamos metidos no verán e empezamos a publicar agora os
traballos do curso sobre O home no seu mundo. Pero váisenos escoitar. Ven de publicarse o primeiro deles. É o
de Juan Zaldive, sobre os maoríes. Hai que agradecer á profesora Garea que lle
dea acollida no seu blog, pero
veredes que está ben xustificada a súa publicación. Ten todas as
características dun magnífico traballo escolar: boa presentación, correctísima
expresión, excelente composición… Unha boa mostra dos traballos que se fixeron
este ano.
Coido que Juan anda por Inglaterra, ou así, pero seguro que
nos ve. Un saúdo, Juan.
Podedes mirar o traballo sobre os maorís en http://antropoque.blogspot.com.es/2013/07/o-home-no-seu-mundo.html
luns, 8 de xullo de 2013
Eva Garea e as tecnoloxías
En realidade o blog ven por Eva Garea. Garea apantállame,
nunca mellor dito. Porque eu na aula teño a pantalla sempre recollida; ela,
sempre estendida. Entre blogs,
páxinas web, aulas
virtuais e speed-masters,
apárvame. O traballo fáiseme un senvivir, e cada vez que recollo a pantalla ao
comenzar unha clase das miñas tras unha das dela, sufro un baixón de
bilirrubina do que non me recupero na hora: consonte a pantalla sube da miña
man, a miña autoestima baixa da súa.
- Isto non pode ser -díxenme-. Téño que chegar ao retiro con
dignidade.
E abrín o blog,
este, o de Sampedro.
Con todo, nunha cousa gáñolle. Son máis irresoluto ca ela.
domingo, 7 de xullo de 2013
Historia do estrambote
A cousa é sinxela. Andabamos ás voltas co corpo, que era o
tema do Ciclo este que nos entretén pola semana. Comenteille a varios que eu
quería tratar o tema do corpo… e a alma. E Berri reaccionou coma un resorte
- ¿Estás tolo? –Espetoume.
E por días andou a porfía –coma o cóengo con D. Quijano-
para que abandonase as miñas veleidades académicas.
Á exposición que fixen non puido vir, pero conteilla. Máis
adiante el interveu coas súas Divagacións
dun escéptico. E avisoume:
- Voume meter con Platón.
É boe…, prepareime –malpocado- para defender ao mestre.
Fíxenlle un engadido aos seus versos. E, de sorpresa, tras ler publicamente o
seu epigrama, arrieille o meu estrambote.
“Estrambote: Conjunto de versos que por gracejo o bizarría
suele añadirse al fin de una combinación métrica […]” –di no DRAE-. O estrambote do que falamos –que estrambote
non é- gracejo non ten, pero algo de bizarría non lle falta. Coido eu.
sábado, 6 de xullo de 2013
A historia do epigrama
Foi no curso pasado. Non neste próximo, non. No anterior. Supoño que serían os alumnos de Filosofía que Berri tiña en clase de Matemáticas. Supoño que lle falarían da miña devoción por Patón. E entón, díxome que tiña un pequeno epigrama. Que llo adicara hai anos a un colega de Arzúa, ao parecer entusiasta tamén da Academia. E fíxomo chegar.
Sorprendeume, claro. E díxenllo.
- ..aínda que hai matemáticos -aclareille- que teñen claras tendencias filosóficas, mesmo metafísicas.
- Non é o meu caso -contestoume coa afabilidade que o caracteriza-. Sinto desencantarche, pero é que eu son de Protágoras, como verías no epigrama.
Sorprendeume, claro. E díxenllo.
- ..aínda que hai matemáticos -aclareille- que teñen claras tendencias filosóficas, mesmo metafísicas.
- Non é o meu caso -contestoume coa afabilidade que o caracteriza-. Sinto desencantarche, pero é que eu son de Protágoras, como verías no epigrama.
venres, 5 de xullo de 2013
O estrambote de Sampedro
Claridades
No, en fin,
que es el hombre troglodita engallado
nauta de las danzantes sombras
en que su entendimiento naufraga.
Ay si, al fin,
de las cadenas liberado
alcanzase el resplandor cierto
que adentro lo tornase
para construir
-esta vez sí-
una polis
no a su capricho medida
sino a su medida ajustada.
Anxo Sampedro, 2013
No, en fin,
que es el hombre troglodita engallado
nauta de las danzantes sombras
en que su entendimiento naufraga.
Ay si, al fin,
de las cadenas liberado
alcanzase el resplandor cierto
que adentro lo tornase
para construir
-esta vez sí-
una polis
no a su capricho medida
sino a su medida ajustada.
Anxo Sampedro, 2013
xoves, 4 de xullo de 2013
O epigrama de Berri
Falacias
No, el hombre no es ese ominoso
troglodita que contempla asustado
vagos resplandores, ni animal de carga vigilado
por guardianes y filósofos.
Muy otro es nuestro sino:
Ser la inevitable medida de las cosas y
frente a la naturaleza
edificar conscientemente la polis,
dispuestos a defenderla con la espada
y legislando en la asamblea,
orgullosos en la vida azarosa,
que de la cuna al Hades nos lleva.
José A. Berriochoa, 1999
No, el hombre no es ese ominoso
troglodita que contempla asustado
vagos resplandores, ni animal de carga vigilado
por guardianes y filósofos.
Muy otro es nuestro sino:
Ser la inevitable medida de las cosas y
frente a la naturaleza
edificar conscientemente la polis,
dispuestos a defenderla con la espada
y legislando en la asamblea,
orgullosos en la vida azarosa,
que de la cuna al Hades nos lleva.
José A. Berriochoa, 1999
Subscribirse a:
Comentarios (Atom)
