mércores, 4 de decembro de 2013

Outra de Aristóteles



Para o alumnaje retrasado
Lea atentamente o seguinte e texto de ARISTÓTELES e a partir del responda ás cuestións que se formulan.
§ Teña en conta que se trata de cuestións relacionadas entre si. Procure integrar as respostas nunha composición redactada de maneira unitaria.
§ Na avaliación da proba teranse en conta non só os contidos do exposto (coñecemento da materia), senón tamén as calidades formais da exposición, tanto nos aspectos relativos ao uso dun vocabulario apropiado, coma no referente á corrección sintáctica, ortográfica e retórica.
TEXTO

A entidade dise, se non en moitos, fundamentalmente en catro sentidos: a entidade de cada cousa parece ser a esencia, o universal, o xénero e, en cuarto lugar, o suxeito.
O suxeito é aquilo do que todas as demais cousas son atributo, e ó mesmo tempo el non é atributo de ningunha outra. Por iso cómpre facer primeiro unhas precisións sobre el. Pois parece que entidade é ante todo o suxeito primeiro. E o suxeito é, nun sentido, a materia, noutro sentido a forma, e nun terceiro sentido o conxunto das dúas (chámolle materia, coma tal, ao bronce, forma á figura ideal e conxunto das dúas á estatua), de xeito que a forma, se é anterior á materia e ten o carácter do ser con máis intensidade, pola mesma razón será tamén anterior ao conxunto das dúas.
Así queda feita a definición da entidade: aquilo que non é atributo dun suxeito, e aquilo do que todo o demais é atributo.
ARISTÓTELES,Metafísica 1028b 33-1029a 9

CUESTIÓNS PRINCIPAIS ÁS QUE DEBE DAR RESPOSTA A COMPOSICIÓN
I) Marco histórico e conceptual : (avaliación:de 0 a 2,5 puntos)
- Situar o autor do texto no marco histórico-cultural e filosófico da súa época.
- Cuestión contextual: Crítica da doutrina platónica.
II ) Comprensión temática: (avaliación:de 0 a 6 puntos)
- Xerarquía de seres e modos de ser.
III) Cuestión transversal: (avaliación:de 0 a 1,5 puntos)
- Atendendo á problemática do texto e á cuestión temática, expoña –con claridade e rigor conceptual–, as relacións (de semellanza ou diferenza) con outros autores, correntes filosóficas ou épocas da “Historia da Filosofía”.

martes, 3 de decembro de 2013

O noso Aristóteles



Exercicio de composición antes do abismo

As mesmas condición do exercicio de composición anterior 

Lea atentamente o seguinte e texto de ARISTÓTELES e a partir del responda ás cuestións que se formulan.
§ Teña en conta que se trata de cuestións relacionadas entre si. Procure integrar as respostas nunha composición redactada de maneira unitaria.
§ Na avaliación da proba teranse en conta non só os contidos do exposto (coñecemento da materia), senón tamén as calidades formais da exposición, tanto nos aspectos relativos ao uso dun vocabulario apropiado, coma no referente á corrección sintáctica, ortográfica e retórica.
TEXTO
Xa que todo coñecemento e toda elección tenden a algún ben, retomemos o asunto e digamos cal é aquel ao que tende a política e cal é o ben supremo de todos os que se poden facer. Sobre o seu nome casi todo o mundo está de acordo, pois tanto o común da xente como os distinguidos dinlle felicidade e sosteñen que vivir ben e obrar ben é a mesma cousa ca ser feliz. Pero en cambio discuten sobre qué é a felicidade e non o explican da mesma maneira o común da xente e os sabios, pois uns consideran que é alguna das cousas visibles e manifestas, como pracer, riqueza e dignidades, e outros outra cousa e mesmo unha única persoa pode ter opinións diferentes. Cre que a felicidade é a saúde, se está enfermo, e a riqueza, se é pobre. Os que recoñecen a súa propia ignorancia, admiran aos que din algo grande e que está por riba deles. Pero algúns cren que ademais de toda esta abundancia de bens, hai outro que existe de seu e que é a causa de que todos aqueles sexan bens. Tal vez é inútil examinar polo miúdo todas as opinións e abonda con ter en conta as máis salientables e as que parecen ter algunha razón. Non esquezamos que os razoamentos que parten dos principios se diferencian dos que conducen a eles. Pois ben, mesmo Platón tiña dúbida e preguntábase se había que partir dos principios ou por contra encamiñarse hacia eles, como no estadio desde os xuíces ata a meta ou en sentido contrario. Hai que comezar polas cousas que son máis doadas de coñecer. Pero estas sono en dous sentidos: unhas, para nós, outras, en termos absolutos. Se cadra temos que empezar polas que nos son máis doadas de coñecer a nós. Por iso, o que pretende aprender satisfactoriamente sobre as cousas boas e xustas e, en definitiva, sobre a política, cómpre que estea ben guiado polos seus costumes. Pois o punto de partida é o qué, e de estar iso craro dabondo, xa no se precisará o porqué. Un home así xa ten ou podería acadar con facilidade os principios. Pero aquel que non conta con ningunha das dúas cousas, que escoite a Hesíodo:
      O mellor de todos é o home que comprende todo por si mesmo.
      É distinguido aquel que obedece a quen ben lle aconsella.
      Pero o que nin comprende por si mesmo, nin conserva no seu ánimo
      o que lle escoita a outro, ese é un home inútil.
ARISTÓTELES, Ética a Nicómaco libro I-1094a1–1094b11/1095a14–1095b13

CUESTIÓNS PRINCIPAIS ÁS QUE DEBE DAR RESPOSTA A COMPOSICIÓN
I) Marco histórico e conceptual : (avaliación:de 0 a 2,5 puntos)
- Situar o autor do texto no marco histórico-cultural e filosófico da súa época.
- Cuestión contextual: O tránsito cara á época helenística.
II ) Comprensión temática: (avaliación:de 0 a 6 puntos)
- A idea de polis e a condición de cidadán.
III) Cuestión transversal: (avaliación:de 0 a 1,5 puntos)
- Atendendo á problemática do texto e á cuestión temática, expoña –con claridade e rigor conceptual–, as relacións (de semellanza ou diferenza) con outros autores, correntes filosóficas ou épocas da “Historia da Filosofía”.

xoves, 10 de outubro de 2013

¿Platón protofascista?

O libro de texto que utilizamos de referencia nas clases de Historia da Filosofía fai unha valoración devastadora da teoría política platónica: clasista, cerrada, inmobilista, conservadora dos privilexios, utópica, totalitaria… Xa non se trata dun torpedo na liña de flotación desa teoría, é o bombardeo de Dresde, o afundimento da frota, Hiroshima.
Sen embargo… hai un “sen embargo”. ¿Deberiamos matizar esas afirmacións, á luz dos textos platónicos que coñecemos? ¿facer algunha distinción que esixa unha valoración máis temperada? Ou máis ben ¿debemos cualificar o adefesio político platónico como o que algún pensa, e que o libro non se atreve a dicir: que o de Platón é puro fascismo?
Para axudar a perfilar as ideas, ademais das críticas que temos lido, propoño a lectura de un artigo e dous ensaios que directa ou indirectamente entran na cuestión. O artigo é de Agustín García Calvo, Que no, que no ¡VIVA SÓCRATES! Nel aborda o tema da relación entre Sócrates e a democracia, e polo tanto  entre Sócrates e os sofistas. Un dos ensayos é de Mark Lilla, co suxerinte título de La seducción de Siracusa, sobre o papel dos intelectuais que se posicionaron a prol  dalgún Estado totalitario no século XX, e como contrapunto mostra a figura do noso filósfo. E por último, para entender o sentido político de liberdade, un coñecido ensaio que xa ten anos –unha chea deles-, pero que non perde de todo o seu valor: Discurso sobre la libertad de los antiguos comparada con la de los modernos, de Benjamin Constant.

Esta é a proposta de traballo:
  • Ensaio: Valoración da teoría política de Platón.
  • Extensión mínima: 1500 palabras.
  • Formato: dixital
  • Data límite de presentación: 8 de novembro

 Sáibase que a realización do traballo proporciona elementos para a valoración de todas as teorías políticas que imos estudar este curso: Aristóteles, Locke, Marx…  E que dá traballo.
O da ilustración é por non apretujar tanto a letra. Non ten nada que ver con Platón... aínda que... bueno...

martes, 8 de outubro de 2013

Divus Plato

Exercicio de composición para o alumnaje de Historia da Filosofía

Tempo dispoñible para a realización do exercicio:   90 mins.
Espazo máximo:                                                               4 folios (polas dúas caras)
Idioma:                                                                            opcional, galego ou español.

(...)
-Ben. Xa vimos, segundo parece,  tres calidades da cidade, e en canto á especie que resta para que a cidade alcance a excelencia ¿cal podería ser?. É evidente que a  xustiza.
(...)
Pois o que establecimos dende o principio que debía facerse en toda circunstancia, cando fundamos a cidade, segundo a miña opinión, é a xustiza ou unha especie desta. Pois establecimos, se recordas,  e moitas veces xa o repetimos, que cada un debía de ocuparse dunha soa cousa de entre as que concirnen á cidade, precisamente daquela na que estivese mellor  preparado por natureza.
- En efecto, dixémolo.
-E que a xustiza consiste en facer o que é propio dun, sen meterse nas cousas alleas, é algo que xa oímos a outros moitos e que nos dixemos repetidamente.
-En efecto, afirmámolo frecuentemente.
-Nese caso, amigo meu, a xustiza parece que consiste en facer cada un o seu. ¿sabes de onde o deduzo?
-Non, pero dimo ti.
-Ao meu parecer do que temos examinado, a moderación, a valentía e a sabedoría, o que resta por ver  na cidade, é o que da a todas aquelas calidades a capacidade de nacer e unha vez nacidas, permítelles conservarse, mentres pemaneza  nelas. E xa dixemos que se encontrabamos as tres, a xustiza sería a que restase.
-Por forza é así.
-Non obstante, se fose preciso discernir cal  destas calidades fará á nosa cidade mellor, resultaría difícil discriminar se consiste nunha coincidencia  de opinión entre os gobernantes e os gobernados, ou se é a conservación da opinión consonte á lei que hai entre os militares acerca do que debe ser temible ou non, ou a intelixencia  e a vixiancia entre os gobernantes; ou iso que fai mellor á cidade   consiste, tanto no neno coma na muller, no escravo coma no home ceibe, e no artesán, no gobernante e no gobernado, en que cada un se ocupe do seu, sen atender ao alleo.
-Dende logo, sería dificil. ¿Como non?
-Entón, segundo parece, en relación á excelencia  da cidade,  a capacidade de facer cada un o seu nela  pode rivalizar coa súa sabedoría, coa súa moderación e a súa valentía.(...)
-Pois un home xusto non diferirá en nada da cidade xusta en canto á idea da  xustiza mesma, senón que será semellante.
-Semellante, en efecto.
-Porén, unha cidade parece xusta cando os tres tipos de naturezas que existen  naquela fan cada un o seu; e pareceunos moderada, valente e sabia a causa dalgunhas outras afeccións e hábitos  deses mesmos tipos de naturezas.
-É verdade.
-Por conseguinte, querido amigo, estimaremos que quen teña eses mesmos tipos na súa alma, a causa das mesmas afeccións que aqueles, é ben merecedor de recibir os mesmos apelativos que a cidade.


PLATÓN; República libro IV, 427e—435c

CUESTIÓNS PRINCIPAIS ÁS QUE DEBE DAR RESPOSTA A COMPOSICIÓN
I) Marco histórico e conceptual: (avaliación: de 0 a 2,5 puntos)
     - Situar o autor do texto no marco histórico-cultural e filosófico da súa época (ata 1,25 puntos)
     - Cuestión contextual: Os sofistas e Sócrates (ata 1,25 puntos)

II) Comprensión: (avaliación de 0 a 6 puntos)
     - Ler atentamente o texto e a partir del responder á seguinte cuestión temática: A concepción política de Platón: Vinculación da alma á cidade.

III) Coñecemento específico: (avaliación: de o a 1,5 puntos)
     - Atendendo á problemática do texto e á cuestión temática expoñer -con claridade e rigor conceptual-, as relacións con outros autores, correntes filosóficas ou épocas do currículo.

sábado, 20 de xullo de 2013

OS MASAI, de Antía Vieiro



Parecía que non ía acabar nunca. Tamén parecía que estaba interesada pero non resolvía. Ata que chegou o día que presentou o borrador e doume unha sorpresa maiúscula, porque o traballo estaba moi, pero que moi ben. Ben estruturado, ben redactado, destacando o máis interesante. Quedaban unhas cousas sen afinar, unha parte un pouco menos elaborada, pero corrixiuna con dilixencia. E así quedou un traballo moi completo e moi bonito. Nora-boa.

En: http://antropoque.blogspot.com.es/2013/07/o-home-no-seu-mundo-os-masai.html

venres, 19 de xullo de 2013

OS INUIT, de Nadia Iglesias


Nadia vai sobre patíns, así que vai máis rápido. Foi a primeira que rematou o traballo. Fíxome suxestións para a maquetación e presentación moi boas, pero tiven que rexeitalas.

- Coido que se resentiría a homoxeneidade no formato dos traballos. Non todos os teus compañeiros saberían facer as cousas así.

Ben. Iso depende moito da afección que un teña á maquetación e do tempo que lle dedique. Pero, francamente, non lle din para diante porque o que non sabería facelas así de ben, son eu.
Moi bo traballo. Por certo, a Nadia débolle a idea de comentar as fontes e clasificalas segundo a temática. Estivo moi ben.

Ve-lo en: http://antropoque.blogspot.com.es/2013/07/o-home-no-seu-mundo-inuits.html

xoves, 18 de xullo de 2013

OS SAMI, de Eduardo Gutiérrez

O progreso do traballo de Edu foi exemplar. Paréceme que aproveitou as correccións dunha maneira estratéxica. Comezou cunha aproximación bastante chafulleira. Pero a corrección serviulle para aquilatar o obxectivo e o estilo que se pretendía para o traballo. Despois aumentou a precisión e a extensión da información, foi axustando as esixencias na exposición do tema e rematou cunha maquetación que me parece, nalgúns sentidos, modélica. Claro que quedan cousiñas. Pero o resultado é excelente.
En: http://antropoque.blogspot.com.es/2013/07/o-home-no-seu-mundo-os-sami.html