O libro de texto que utilizamos de referencia nas clases de
Historia da Filosofía fai unha valoración devastadora da teoría política
platónica: clasista, cerrada, inmobilista, conservadora dos privilexios,
utópica, totalitaria… Xa non se trata dun torpedo na liña de flotación desa
teoría, é o bombardeo de Dresde, o afundimento da frota, Hiroshima.
Sen embargo… hai un “sen embargo”. ¿Deberiamos matizar esas
afirmacións, á luz dos textos platónicos que coñecemos? ¿facer algunha
distinción que esixa unha valoración máis temperada? Ou máis ben ¿debemos
cualificar o adefesio político platónico como o que algún pensa, e que o libro
non se atreve a dicir: que o de Platón é puro fascismo?
Para axudar a perfilar as ideas, ademais das críticas que
temos lido, propoño a lectura de un artigo e dous ensaios que directa ou
indirectamente entran na cuestión. O artigo é de Agustín García Calvo, Que no, que no ¡VIVA SÓCRATES! Nel aborda
o tema da relación entre Sócrates e a democracia, e polo tanto entre Sócrates e os sofistas. Un dos ensayos é
de Mark Lilla, co suxerinte título de La seducción de Siracusa, sobre o papel dos intelectuais que se posicionaron a
prol dalgún Estado totalitario no século
XX, e como contrapunto mostra a figura do noso filósfo. E por último, para
entender o sentido político de liberdade, un coñecido ensaio que xa ten anos
–unha chea deles-, pero que non perde de todo o seu valor: Discurso sobre la libertad de los antiguos comparada con la de los modernos, de Benjamin
Constant.
Esta é a proposta de traballo:
- Ensaio: Valoración da teoría política de Platón.
- Extensión mínima: 1500 palabras.
- Formato: dixital
- Data límite de presentación: 8 de novembro
O da ilustración é por non apretujar tanto a letra. Non ten nada que ver con Platón... aínda que... bueno...